Galicia: destino seguro
Neste ano tan difícil que nos tocou vivir, Galicia traballa con eficacia para posicionarse entre os destinos con mellores garantías. A proposta de viaxe que se aporta dende este recuncho da península este verán vén acompañada dunha serie de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias dentro dos programas Galicia destino seguro e Camiño Seguro cos que a Xunta de Galicia está axudando ao sector a adaptarse a esta nova situación e ofrecer confianza aos viaxeiros.
Rutas e visitas
Para os peregrinos que fan de Santiago de Compostela a meta do seu camiño, pero tamén para o resto de viaxeiros, alongar a estadía desfrutando da natureza, do encanto do rural ou da nosa singular gastronomía, do descanso nos balnearios ou talasos son algunhas das mellores opcións para os vindeiros meses. Esta é unha época perfecta para visitar itinerarios como as Rutas do Viño, que permiten coñecer as cinco denominacións de orixe vitivinícolas, Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. Os percorridos inclúen descubrir os segredos dos viños galegos paseando entre viñedos en escarpadas ladeiras ou ao borde do mar con visitas a adegas. Tamén ofrecen unha oportunidade única para coñecer o patrimonio, cos seus castros, os seus mosteirosas, súas fortalezas medievais ou visitas a cidades históricas e mariñeiras.
Enogastronomía
E se esta é unha terra de viños tamén o é dunha gran variedade de licores que invitan a vivir experiencias enogastronómicas únicas que as rutas dos viños tamén ofrecen. Galicia é, ademáis, terra de peixes, mariscos, carnes, queixos, pan, postres tradicionais,… Produtos agroalimentarios con identidade e tradición, amparados moitos deles por Denominacións de Orixe, Indentificacións Xeográficas Protexidas ou otras marcas de calidade. E por iso tamén existen rutas de recomendada visita centradas específicamente na enogastronomía como a recentemente creada do Mel e o Queixo. Percorre 13 concellos do interior de Lugo e permite coñecer desde o proceso de elaboración en diferentes queixerías así como visitar algúns territorios do interior especialmente vinculados con ambos recursos.
Natureza e entorno rural
Ademais de gastronomía, Galicia tamén é descanso e natureza. Por iso, o desfrute en entornos naturais e rurais posiciónase entre as opción más recomendadas. Case a metade das casas de turismo rural distinguidas coa Q de Calidade de toda España están en Galicia e por iso paga a pena comprobalo nalgunha das máis de 600 que hai en Galicia, preparadas, tamén, ante a actual situación sanitaria.
Galicia ten unha ampla oferta, de preto de 150.000 camas de establecementos regrados, máis de 900 hoteis. E tamén unha intensa oferta cultural nos seus máis de 90 museos, 742 Bens de Interese Cultural, os seus máis de 3.100 castros catalogados ou incluso os máis de 9.100 horreos, preto de 5.000 cruceiros e máis de 1.100 pazos, son outros dos numerosos recursos patrimoniais por descubrir este ano.
Turismo responsable
Galicia abre as súas portas un ano máis ao turismo con moitas ganas e tamén con precaución e responsabilidade, pero preparada e tendo moi en conta a tradicional fidelidade dos viaxeiros que elixen Galicia, xa que o 99,4% afirma que repetirá e unha porcentaxe similar recomenda a outros coñecela. Máis información da campaña de Galicia: destino seguro en www.turismo.gal.